Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 11 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do 11 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados levaron a cabo diferentes controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectando TRES condutores que excederon a taxa máxima permitida.

O primeiro lanzou un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

O segundo lanzou un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

O terceiro foi interceptado, observando que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,67 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Todos estes vehículos foron inmobilizados.

Así mesmo detectáronse CATRO vehículos cuxos titulares non os presentaran á inspección técnica periódica no prazo debido, abríndose expedientes sancionadores con multas de 200 euros.

Tamén se abriu expediente sancionador por infraccións á normativa de tráfico ao condutor dun Vehículo de Movilidade Persoal que circulaba sen ningún tipo de iluminación pola rolda República Arxentina, cunha condución neglixente e non portaba peza reflectora.

Noticias relacionadas