Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 08 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Inspección de establecementos públicos

A través das redes sociais detectouse que nun local de lecer nocturno da rúa Galicia realizouse un espectáculo erótico.

O equipo da Policía Local de Lugo encargado do caso, unha vez visionados os vídeos subidos ás redes sociais, realizou unha inspección no devandito local, procedendo á identificación do responsable e abrindo expedientes sancionadores polas seguintes infraccións:

  • Infracción grave á Lei de Emprendemento e da competitividade económica de Galicia, por realizar un espectáculo sen autorización. Proponse sanción de ata 30.050,61 euros, podendo levar aparellada a prohibición de actividade por un período dun ano.
  • Infracción á Lei de Saúde de Galicia polo incumprimento da obrigación do uso de máscaras, xa que os camareiros non utilizan a máscara de protección e existe unha neglixencia no deber de vixilancia que ten o responsable, xa que varios clientes tampouco facían uso da máscara.
  • Infracción á Lei de Saúde de Galicia por facer uso de cachimbas no interior do local.

Realízase inspección en locais de lecer nocturno de calle Catedral levantando actas de denuncia en dúas deles por ter música en ton moi alto transmitindo ao exterior altos niveis de ruídos. Os axentes detallan na acta que ao proceder a entrevistarse co responsable no interior do establecemento non se podían comunicar nin falando a berros, tal era o volume de música que había, sendo requirido para que cesasen as molestias, o que fixo ao instante, comprobando que os locais inspeccionados carecían de  sonómetro.

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 16,00 horas do día 7 de abril/22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Tui. Ao darlle o “alto” compróbase a través das bases de datos policiais que o condutor CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA polo que é trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo á inmobilización do vehículo.

O condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou con multa ou traballos en beneficio da comunidade.

Ruídos en interior de vivendas

 Ás 00,10 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionado pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da  rúa Escultor Asorei xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que se escoita actividade humana e música en ton alto, perturbando o descanso dos veciños, sendo identificada a responsable  que manifesta que está a celebrar unha reunión cun grupo de persoas, non sendo consciente das molestias que ocasionaba, sendo requirida para que cesen de inmediato o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Ás 00,15 horas do día 8 de abril/22 outra patrulla acode a un edificio da praza de Catasol xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban xa desde o exterior que se escoitan berros, conversacións en ton elevado e mesmo carreiras polo piso, procedendo á identificación da responsable que manifesta que está a celebrar unha festa cunhas amigas, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas