Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 07 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

No día de onte, 6 de febreiro, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo intensificáronse os controis de seguridade viaria, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, destacando as seguintes incidencias:

  • Detectados 7 vehículos cuxos condutores non os presentaran á ITV no prazo debido. (Proponse sanción de 200 euros a cada un deles).
  • Detectado un vehículo circulando carecendo de SOA. (Proponse sanción 1.500 euros).
  • Detectado un condutor co permiso de conducir caducado, sen Seguro Obrigatorio do vehículo e coa ITV caducada. Inmobilízase o vehículo.
  • Detectado un condutor que carecía do permiso de condución. Proponse sanción de 500 euros.

Inspección de establecementos públicos

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron diversas inspeccións en establecementos públicos da cidade durante a fin de semana, levantando actas de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia en dous locais de lecer nocturno da rúa Mariña Española, por exceder no exercicio da actividade o límite horario establecido.

Accidente de circulación

Ás 00:35 horas do día 7 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Adolfo Suárez xa que ao parecer producírase un accidente de circulación, observando que un vehículo atropelara a dous xabarís que xacían mortos na cuneta e no centro da calzada, resultando o vehículo con danos materiais, instruíndose dilixencias. (Adxúntase imaxe)

Noticias relacionadas