Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 02 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Seguridade viaria

Sobre as 2,45 horas do día 2 de agosto/22 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que un vehículo circula en sentido contrario pola rúa Quiroga Ballesteros, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedendo á inmobilización do vehículo.

Ás 4,30 horas este condutor solicita que se levante a inmobilización do seu vehículo xa que manifesta que se atopa en bo estado, sendo sometido novamente ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l, polo que se mantén a inmobilización do vehículo.

Na mesma madrugada outra patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa San Roque, tendo en conta que o fai en zigzag, polo que para proceder á identificación do seu condutor dáselle o “alto”, facendo caso omiso aos sinais dos axentes, dándose á fuga e non respectando a luz vermella do semáforo situado na confluencia das rúas San Roque con Hermanitas, sendo interceptado na rúa Río Neira, comprobándose que CARECE de permiso de condución, xa que tivo unha retirada de case un ano e non realizou o curso de reeducación, sendo denunciado ademais por:

  • Facer caso omiso aos sinais dos axentes. Proponse sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Non respectar a luz vermella dun semáforo. Proponse sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo o condutor tivo unha actitude desafiante cara aos axentes, faltándolles ao respecto, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de ata 601 euros.

Noticias relacionadas