Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o fin de semana do 28 de abril ao 1 de maio de 2023.

Martes, 02 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria (7 delitos)

  • Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola Avenida de As Américas, comprobando que o seu condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l (triplo da taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Antonio Rosón detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor é sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,96 mg/l (case catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Mariña Española dáse o alto a un vehículo e ao proceder á identificación do seu condutor obsérvase que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l (case tres veces a taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida de Rodríguez Mourelo detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, arroxando nas probas de alcoholemia practicadas un resultado POSITIVO de 0,89 mg/l (máis do triplo da taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Nun control establecido na rúa San Roque con Mártires de Carral detéctase un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,66 mg/l (case triplicaba a taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En este mesmo lugar detéctase outro condutor con signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l (case o triplo da taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta un condutor na rúa Montevideo que está a conducir utilizando manualmente o teléfono móbil, dándolle o alto e comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo se chequean nas bases de datos policiais tanto ao condutor como ao vehículo, comprobando que o condutor CARECE de permiso de condución, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Tamén se comproba que o vehículo non fora presentado á ITV no prazo debido, sendo sancionado con 200 euros.

Ábrese expediente sancionador pola utilización do teléfono móbil con multa de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Controis de alcoholemia. 6 alcoholemias Administrativas e 1 negativa a someterse ás probas de alcoholemia

Durante o fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte balance:

  • Xosé Novo Freire. Condutor detectado con signos de embriaguez. Sométese ás probas de detección alcohólica con resultado POSITIVO de 0,46 mg/l.
  • República Arxentina. Detéctase DOUS CONDUTORES con signos de embriaguez, arroxando resultado POSITIVO de 0,41 e 0,31 mg/l, respectivamente.

A estes dous condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • Rúa San Roque. Condutor que é sometido nun control ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l.
  • Xosé Castiñeira. Sorpréndese a un condutor con signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l.

A estes dous condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • Na rúa Vilalba sorpréndese ao condutor dun patinete eléctrico (VMP) que presenta signos de embriaguez, sendo requirido para someterse ás probas de alcoholemia, NEGÁNDOSE a iso, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros.
  • Na tarde do día 30 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Serra de Outes xa que a condutora dun VMP caera na calzada causándose feridas. Os axentes asisten a esta condutora que presenta feridas en brazos, pernas e cabeza, requirindo a presenza dunha ambulancia para ser trasladada ao HULA para a súa valoración médica, observando que presenta signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros.

Accidente de circulación con persoa ferida

Na tarde do día 28 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida Benigno Rivera xa que se producira un accidente de circulación, no que un turismo se saíu da súa traxectoria ao saír da rotonda alí existente, impactando contra un farol de iluminación pública, rexistrándose danos materiais e ferida a condutora do vehículo que manifestou que sufrira un descoido, presentando lesión, de carácter leve, nunha das mans, sendo asistida no lugar do accidente por unha dotación sanitaria do 061.

Os axentes instrúen dilixencias por este feito e realizan informe de proposta de revisión de condicións psico-físicas da condutora. (Adxúntase imaxe)

Noticias relacionadas