Servizos destacados durante a fin de semana do 29 ao 31 de decembro/23.

KDD de vehículos
A través de redes sociais tívose coñecemento dunha quedada de vehículos na zona de As Termas, a noite do venres ao sábado, polo que se estableceu un dispositivo especial no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, co emprego de patrullas policiais rotuladas e camufladas, así como efectivos policiais de paisano para a vixilancia da zona, onde se congregaron sobre 80 vehículos, co seguinte balance:
ALCOHOLEMIAS
Detectáronse DOUS condutores que lanzaron resultado POSITIVO de 0,65 e de 0,51 mg/l., respectivamente, abríndose expediente sancionador con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
INFRACCIÓNS GRAVES
- 5 condutores denunciados por condución neglixente.
- 3 condutores denunciados por condución temeraria.
- 3 condutores denunciados por non presentar os seus vehículos á ITV no prazo debido.
- 3 condutores denunciados por non respectar o condutor a luz vermella dun semáforo.
- 2 denuncias por circular carecendo de SOA.
- 1 denuncia por conducir sen a dilixencia e precaución necesarias.
- 1 denuncia por circular con láminas nos cristais que dificultan a visibilidade.
- 1 denuncia por circular levando luces instaladas antirreglamentariamente.
- 1 denuncia ao condutor dun patinete eléctrico por circular pola beirarrúa.
- 1 denuncia ao condutor doutro VMP por non respectar a luz vermella dun semáforo.
- 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá.
Controis de alcoholemia e drogas
A noite de fin de ano establecéronse diversos filtros de seguridade viaria no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, co seguinte balance:
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS
En control estático na rúa Villalba detectáronse os seguintes condutores que lanzaron un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos:
- 0,49 mg/l
- 0,42 mg/l
- 0,34 mg/l
A todos estes condutores sancionóuselles con 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA
- Na rúa Villalba dáse o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,96 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
- Na Avenida Infanta Elena detéctase a circulación irregular dun vehículo, comprobando que o seu condutor CARECE de permiso de condución por PERDA TOTAL DOS PUNTOS ASIGNADOS, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
En ambos os casos inmobilizáronse os vehículos.
Controis de velocidade
No transcurso destes dispositivos realizáronse controis de velocidade, co emprego dun vehículo policial dotado de cinemómetro, co seguinte balance:
- Vehículos controlados: 885
- Condutores denunciados por pasar a velocidade máxima establecida: 37
Accidente de circulación e alcoholemia
Na madrugada do día 1 de xaneiro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazouse á Avenida da Coruña, xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación, comprobando que un vehículo ao circular marcha atrás varios metros sen control, choca contra unha árbore, observando que o condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l, instruíndose as oportunas dilixencias.
Grafiti
A tarde do día 30 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Clérigos xa que un mozo estaba a realizar pintadas.
Ao chegar ao lugar, os axentes son informados por varias testemuñas que un menor realizara varias pintadas en varios inmobles, sendo identificado o mozo, de 13 anos de idade, que recoñece os feitos, aínda que manifesta que ía acompañado por uns amigos que xa non se atopaban no lugar, sendo levado ata o seu domicilio, quedando a cargo dun familiar, levantando os axentes o correspondente parte de intervención para a súa remisión á Fiscalía de Menores. (fotos)
Furto
Na tarde do día 1 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, comparece na Praza Maior, xa que unha persoa fora obxecto dun furto e tiña localizado ao autor.
Os axentes identifican as partes, manifestando o requirente que momentos antes cando paseaba coa súa esposa, tendo o bolso no carriño dun bebé, esa persoa xa identificada, un home de 54 anos, colleulle o bolso, polo que procedeu a perseguilo, dándolle alcance, recuperando o bolso, recoñecendo estes feitos o autor deste feito, confeccionando os axentes o correspondente parte de intervención para a súa remisión á Autoridade competente.
Axuda humanitaria
Durante a fin de semana, as patrullas da Policía Local de Lugo realizaron diversos auxilios, destacando:
- Persoa ebria tirada na rúa San Roque. Procedeuse ao seu auxilio, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.
- Persoa de avanzada idade que sofre unha caída no interior do seu domicilio da rúa Santo Graal. Procédese ao seu auxilio, incorporándoa e deitándoa na súa cama, quedando ao cargo dun familiar.
- Na rúa do Carmen auxíliase a unha persoa que presenta signos de embriaguez que está tirada na beirarrúa, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061.
- Na Avenida Fábrica da Luz detéctase a presenza dun home de avanzada idade deambulando, completamente desorientado, sendo auxiliado, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA, sendo localizado unha persoa para que se faga cargo del.
- Na rúa Concepción Arenal os axentes atopan unha persoa caída nas escaleiras dun edificio, presentando signos de embriaguez, sendo auxiliado, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado a un centro médico.
- Unha patrulla detecta na rúa Río Cabe unha persoa tirada na beirarrúa, con signos notables de embriaguez, sendo auxiliada, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, para o seu traslado ao HULA.


