Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 03 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control medidas COVID-19

No día de onte 2 de febreiro de 2021, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diferentes dispositivos para o control do cumprimento das medidas ditadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, levantándose 10 actas de denuncia polas seguintes infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 7 actas de denuncia por quebrantar o horario de peche de establecementos comerciais, establecido ás 18:00 horas. Proponse sanción para cada un deles de 500 euros.
  • 1 acta de denuncia por non facer uso da máscara de protección. Proponse sanción de 100 euros.
  • 1 acta de denuncia por entrada e saída do termo municipal de Lugo sen causa xustificada. Proponse sanción de 500 euros.
  • 1 acta de denuncia por circular entre as 22:00 e as 6:00 horas, sen causa xustificada. Proponse sanción de 500 euros.

Ruídos en interior de domicilio

Sobre as 16:15 horas do día 2 de febreiro de 2021, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Río Avia xa que dunha vivenda provén música en ton alto moi molesto para a veciñanza.

Os axentes comproban que se escoita un ruído “insoportable” polo volume moi alto do equipo de música da vivenda, identificando ao responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental. Así mesmo os policías comproban que no interior da vivenda hai unha persoa cuxo domicilio é noutro municipio, polo que é denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia por incumprir o peche perimetral decretado actualmente pola Xunta de Galicia, propoñéndose sanción de 500 euros.

Noticias relacionadas