Está previsto que os traballos, orzamentados en 350.000 euros, estean rematados antes de finalizar agosto

Esta mesma semana deu comezo a renovación do céspede artificial nos campos de fútbol I e II das Gándaras.
Os traballos, que teñen un custo conxunto de 349.593’2 euros, dispoñen dun prazo de execución de 6 semanas polo que se estima que a mellora destas dotacións municipais estea rematada antes de que finalice o mes de agosto.
O edil de Deportes, Miguel Fernández sinala que “a intención é que a reapertura do recinto coincida co inicio da nova tempada, na que o Concello de Lugo quere poder ofrecer a toda a cidadanía e, especialmente, aos clubes que realizan aquí os seus adestramentos unhas instalacións modernas e adecuadas aos niveis de competición que se disputan nelas”.
O concelleiro de Deportes lembra que esta actuación se suma a outras similares e xa desenvolvidas pola súa área meses nos campos de Frigsa e da Cheda.
Audio
- O edil Miguel Fernández, sobre o inicio de renovación do céspede de As Gándaras | Descargar mp3