Comeza unha nova edición do programa de ocio alternativo organizado polo Concello de Lugo

Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A nova edición do programa de movida alternativa do Concello de Lugo Elixe xa está en marcha. Ademais dos numerosos cursos, obradoiros e actividades que están funcionando con excelentes resultados nos últimos anos, nesta nova edición destacan varias novidades.

Entre as incorporacións, os usuarios poderán anotarse nos talleres da Casa da Música; musicoterapia, os xoves de 20:00 a 22:00 horas; música interactiva, os venres de 20:00 a 21:00 horas e Bailes do mundo os sábados de 20:00 a 21:00 horas.

Outra das novidades é a actividade xogos de mesa Faladoiro, que comezará nas instalacións do centro social Uxío Novoneyra os venres ás 20:00 horas.

A moda tamén estará presente nas noites alternativas organizadas polo Concello de Lugo. Os venres e sábado, das 20:00 ás 22:00 horas, terá lugar no Centro Social do Sangrado Corazón os cursos de deseño, patronaxe, corte e confección.

A actividade Lugo en acción dará a posibilidade ós asistentes de realizar os seus propios curtos cinemátográficos. Será na Escola de Imaxe e Son de os venres e sábados de 19:00 a 22:00 horas para rapaces de 12 a 14 anos e de 22:00 a 24:00 horas para os rapaces de 16 a 18 anos. Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse na oficina de xuventude no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra.

Dentro do apartado deportivo de Elixe, a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, continúa coas actividades que tiveron máis aceptación na pasada edición, come é o caso da pesca que terá lugar os xoves de 20:00 a 21:30 horas.

Na piscina Municipal As Pedreiras realizaranse tamén diversas as actividades: capoeira para nenos, para adultos os venres, e o curso de pilates os sábados de 21:00 a 22:00 horas. Mentras que na Piscina Municipal de Frigsa os xoves e venres de 20:00 a 22:00 os rapaces poderán disfrutar de Internet.

As actividades do programa están dirixidas a xoves de entre 12 e 30 anos, agás deseño, patronaxe, corte e confección .

Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, indicou que espera que os rapaces da cidade se involucren na organización das actividades que terán lugar despois do Nadal. A Concelleira explicou que desexa que os rapaces dispoñan, ademais, dun espazo aberto no que poder falar, tocar música, bailar, ver películas, facer teatro…sen que sexan actividades dirixidas”.

Noticias relacionadas