Domingo, 12 de marzo de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Deputada de Cultura, Pilar García, entregaron este domingo no Museo Provincial os DVDs de Ópera e Zarzuela, gravados polos alumnos da Fundación TIC.
Posteriormente, asistiron na Sala dos Mosaicos deste museo á actuación de Cantar Delas, A muller na música, onde as mulleres foron as protagonistas de todo o seu repertorio.
Este evento enmárcase dentro das actividades para conmemorar o Día Internacional das Mulleres organizado polo Concello, e que tamén engloba a carreira Corre con Elas o vindeiro mes de abril.