Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cantar Delas ofreceu o concerto A muller na música, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

Cantar Delas ofreceu o concerto A muller na música, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Música,
    • Igualdade
Domingo, 12 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Deputada de Cultura, Pilar García, entregaron este domingo no Museo Provincial os DVDs de Ópera e Zarzuela, gravados polos alumnos da Fundación TIC.

Posteriormente, asistiron na Sala dos Mosaicos deste museo á actuación de Cantar Delas, A muller na música, onde as mulleres foron as protagonistas de todo o seu repertorio.

Este evento enmárcase dentro das actividades para conmemorar o Día Internacional das Mulleres organizado polo Concello, e que tamén engloba a carreira Corre con Elas o vindeiro mes de abril.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cantar-delas-ofreceu-o-concerto-muller-na-musica-para-conmemorar-o-dia-internacional-das