A cadea Tiger donará agasallos aos participantes das campañas que leve a cabo o Concello durante este Nadal

Torneos deportivos, programas culturais ou talleres son algunha das actividades que contarán coa colaboración desta cadea na doazón de regalos para os seus asistentes

Martes, 20 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A cadea Tiger donará agasallos aos participantes das campañas que leve a cabo o Concello durante este Nadal

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o encargado da tenda de Flying Tiger en Lugo, Álvaro González, e o responsable de recursos humanos, Rubén Ponte, presentaron hoxe, no Salón de Plenos, unha campaña solidaria encamiñada a agasallar a todas e todos os participantes das diferentes campañas promovidas e organizadas polo Concello de Lugo. Deste xeito, o stock de Tiger será obsequiado aos asistentes dalgunha das actividades da entidade local.

Durante o acto de presentación, a edil agradeceu o xesto solidario da cadea asentada en Lugo, que terá como principais protagonistas aos máis cativos e aos maiores.

O responsable da tenda Tiger en Lugo comezou a súa intervención coas verbas do fundador da cadea, “queremos chegar ó fondo do teu corazón”, explicando a filosofía da empresa en canto a promover a igualdade e a solidariedade. Así mesmo agradeceu ao Concello a rápida resposta que deu para poder levar adiante esta iniciativa.

Pola súa banda, Rubén Ponte felicitouse deste tipo de programas que veñen facendo en distintos concellos onde están implantados.

Mañá á tarde xa dará comezo este tipo de acto solidario, posto que os gañadores do certame de debuxo Educar para Previr xa recibirán un agasallo froito deste acordo entre a cadea danesa e o Concello. As persoas maiores do Centro de Día Antonio Gandoy tamén recibirán un obsequio desta mesma firma.

Torneos deportivos, programas culturais ou talleres son algunha das actividades contarán coa colaboración de Tiger na doazón de regalos para os seus asistentes.

Noticias relacionadas