A área de Cohesión Social desenvolverá un programa para avanzar nos dereitos aos servizos sociais da infancia e da adolescencia

A concelleira Olga López Racamonde explica que o Concello de Lugo contará cunha subvención estatal duns 27.000 euros para actualizar e ampliar a atención a estes grupos.

A edil participa en Madrid no XXXII Congreso Anual da AEDYGSS para “formarnos e ver diferentes estratexias doutros concellos que poderían implantarse no municipio de Lugo”.

López Racamonde cre que “cada vez vemos máis problemáticas que afectan a estes colectivos, de aí a importancia de coñecer experiencias para implementar a LOPIVI”.

Venres, 14 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cohesión Social desenvolverá un programa para avanzar nos dereitos aos servizos sociais da infancia e da adolescencia

 A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, asiste estes días en Fuenlabrada, Madrid, ao XXXII Congreso Anual de la AEDYGSS, (Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales), que este ano aborda o dereito aos Servizos Sociais da infancia e da adolescencia, no marco da Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI), aprobada en xuño de 2021. A responsable de Cohesión Social no Concello de Lugo sinala que o obxectivo é “por unha banda adquirir máis formación sobre as problemáticas ás que se enfrontan nenas, nenos e a mocidade, da man de expertos nestas materias, e por outra coñecer diferentes proxectos pilotos que se están a levar a cabo noutros concellos de España e que poderían implantarse no de Lugo”.

De feito, gracias ao esforzo desta área municipal, o Concello de Lugo contará cunha subvención do Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, de máis de 27.000 euros, para desenvolver este programa ao longo do ano 2026, coa posta en marcha de distintas iniciativas e proxectos para avanzar no eido do dereito aos servicios sociales da infancia e da mocidade.

A edil de Cohesión Social explicou que “tiven a oportunidade de falar coa directora general de Diversidad Familiar y Servicios Sociales do Ministerio de Derechos Sociales, Patricia Bezunartea, sobre futuras iniciativas e actuacións que poderemos desenvolver no noso municipio, tanto coa formación de profesionais como coa implantación de estratexias, coas que avanzar nas novas demandas xurdidas da aprobación da LOPIVI, para protexer de casos de maltrato, violencia e calquera tipo de conducta indebida”.

No congreso que estes días celebra a Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales de España se está a reflexionar sobre como e ata que punto son efectivos os dereitos á infancia e á adolescencia no noso país, e, en base a lei aprobada en 2021, como se están a actualizar os coñecementos e servizos que poden axudar en casos problemáticos entre estes colectivos.  

De feito, nestas xornadas se analizaron igualmente os cambios de paradigma que introduce a Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á Adolescencia fronte á Violencia. Así abordáronse aspectos como a garantía de dereitos; fíxose fincapé en que os casos de violencia poden darse en calquera entorno, desde o fogar, o colexio á comunidade ou o ámbito dixital; na necesidade de reforzar a detección temperá e a coordinación entre sistemas; ou a importancia de que equipos interdisciplinares actúen máis aló do ámbito familiar.

Audio

  • A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, no Congreso da AEDYGSS | Descargar mp3

Noticias relacionadas