A cita exponse como unha celebración intercultural, pero tamén como unha ocasión clave para dar a coñecer os novos servizos municipais de atención a persoas migrantes e solicitantes de protección internacional.
“Neste novo punto de información cidadá ofreceremos atención especializada para persoas migrantes en aspectos fundamentais de forma presencial e individualizada dous días a semana en horario de mañá”, destacou Sinisterra.
“Este acto é unha invitación a todas as persoas que elixiron Lugo como o seu fogar para sentirse parte activa da cidade. Aquí non hai cidadáns de primeira ou segunda: hai veciños e veciñas cos mesmos dereitos e deberes”, afirmou o edil.
“Con esta iniciativa, reafirmamos a nosa vontade de combater a desigualdade estrutural, as barreiras administrativas e a discriminación que se alimenta desde os sectores máis reaccionarios”, dixo o concelleiro.

A cidade de Lugo prepárase para acoller este sábado 19 de xullo a partir das 16.00 horas a Gran Reunión dos Cidadáns do Mundo, unha xornada organizada pola Concellaría de Movementos Migratorios, que dirixe Waldir Sinisterra, co obxectivo de visibilizar e fortalecer o compromiso do Goberno local coa integración social, a igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos da poboación inmigrante.
O evento terá lugar na nova sede da Concellaría, situada na segunda planta do Uxío Novoneyra, na rúa Quiroga ballesteros, e exponse como unha celebración intercultural, pero tamén como unha ocasión crave para dar a coñecer os servizos municipais de atención a persoas migrantes e solicitantes de protección internacional.
De feito, desde a creación da área de Movementos Migratorios, o Goberno local ven asumindo a tarefa de consolidar a Lugo nunha cidade referente en políticas de acollida, inclusión e cidadanía global. Baixo a dirección de Waldir Sinisterra, a Concellaría traballa para garantir que todas as persoas, independentemente da súa orixe, teñan acceso aos dereitos fundamentais e poidan participar plenamente na vida social, económica e cultural do municipio.
“Neste novo punto de información cidadá ofreceremos atención especializada para persoas migrantes en aspectos clave como o asesoramento xurídico gratuíto, orientación sobre o acceso a dereitos sociais, laborais e de residencia, asistencia a persoas solicitantes de protección internacional”, destacou Sinisterra que informou así mesmo de que as asitencias serán presenciais os martes e venres, de 11:00 a 14:00 horas, con atención individualizada mediante cita previa que se pode xestionar a través dos telegónos de atención cidadá do Concello de Lugo.
“Con esta iniciativa, reafirmamos a nosa vontade de combater a desigualdade estrutural, as barreiras administrativas e a discriminación que se alimenta desde os sectores máis reaccionarios, á vez que promovemos un modelo de cidade aberta, integradora, solidaria e diversa”, afirmou o edil.
A Gran Reunión dos Cidadáns do Mundo non será unicamente un espazo informativo. A xornada está pensada como unha festa da diversidade, cun dúo musical en directo, exhibicións de baile e un aperitivo colectivo, fomentando o encontro entre culturas, o respecto mutuo e a construción de comunidade.
“A integración real comeza co recoñecemento mutuo, con espazos comúns onde podamos vernos, escoitarnos e entendernos como iguais”, afirma o concelleiro Waldir Sinisterra. “Este evento é unha invitación a todas as persoas que elixiron Lugo como o seu fogar para sentirse parte activa da cidade. Aquí non hai cidadáns de primeira ou segunda: hai veciños e veciñas cos mesmos dereitos e deberes.”
Desde o Concello convídase á cidadanía para participar activamente nesta xornada e nas políticas que fan de Lugo un lugar máis xusto, inclusivo e humano para todas as persoas.

