O alcalde recibe ás e aos participantes no Campus Álex Llorca, que este ano alcanza a súa décima edición

Miguel Fernández deu a benvida ao ex xogador do Breogán e aos 147 rapaces e rapazas que ata o vindeiro domingo desfrutan en Lugo deste clásico do verán lucense.

Xoves, 10 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde recibe ás e aos participantes no Campus Álex Llorca, que este ano alcanza a súa décima edición

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado do edil de Deportes, Jorge Bustos, e da concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, recibiron esta mañá no Concello de Lugo aos preto de 150 participantes no Campus Álex Llorca, que desde o pasado luns celebra a súa décima edición na cidade. O rexedor municipal falou cos adestradores encargados deste campamento intensivo de baloncesto que durante unha semana compaxina adestramentos deportivos dos rapaces e rapazas con outras actividades paralelas, tanto formativas como de ocio, sempre da man de especialistas deportivos e do propio Álex Llorca, ex xogador do Club Baloncesto Breogán, entre outros equipos, e vinculado a Lugo desde o seu paso polo club celeste.

Miguel Fernández falou co propio Llorca da marcha desta décima convocatoria e cos adestradores e adestradoras que integran o corpo técnico do campus, que nesta edición conta con 147 participantes, dos que 78 son de fóra do municipio. O Concello de Lugo, a través da área de Deportes, volve colaborar coa celebración desta iniciativa, mediante o emprego das instalacións municipais, como é o caso da piscina municipal de Frigsa, onde se desenvolverán algunhas das actividades paralelas deste evento deportivo.

Noticias relacionadas