O barrio da Ponte, escenario dunha dunha nova sesión dos cursos de cestería promovidos pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

O ciclo formativo achega a tradición dos oficios manuais ás parroquias, con gran acollida por parte das asociacións veciñais.

Cristina López: "Queremos que as parroquias e barrios de Lugo conten con oportunidades reais para participar, aprender e manter vivas as tradicións".

Martes, 09 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O barrio da Ponte, escenario dunha dunha nova sesión dos cursos de cestería promovidos pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Os barrios de Lugo continúan a recibir actividades arredor dos saberes tradicionais grazas aos cursos de cestería organizados pola área de Participación do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación. Esta semana, a veciñanza da Ponte, acolleu unha nova sesión formativa, na que as persoas participantes aprenderon as técnicas básicas dun oficio artesanal cun fondo arraigo na cultura galega.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, salientou "a gran acollida que están tendo estes cursos por parte das asociacións", e subliñou que "seguimos achegando formación útil e conectada coa identidade do noso territorio, ao tempo que apoiamos o labor das asociacións veciñais como espazos vivos de dinamización local".

O ciclo inclúe un total de 15 horas de formación básica repartidas en cinco sesións para cada grupo. Cristina López afirmou que "estes cursos forman parte dun modelo de apoio integral ao tecido asociativo, onde combinamos as achegas económicas co impulso de actividades culturais e formativas que responden ás demandas da veciñanza".

A Tenencia de Alcaldía aposta por levar a formación ao territorio, descentralizando as iniciativas municipais e poñendo en valor os saberes populares. "Queremos que as parroquias e barrios de Lugo conten con oportunidades reais para participar, aprender e manter vivas as tradicións que forman parte do noso patrimonio inmaterial", concluíu a edil.

Multimedia

  • O barrio da Ponte, escenario dunha dunha nova sesión dos cursos de cestería promovidos pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación
  • O barrio da Ponte, escenario dunha dunha nova sesión dos cursos de cestería promovidos pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Noticias relacionadas