Benestar convida á cidadanía lucense a participar nas actividades organizadas polo Concello para celebrar o Día do Maior

O prazo para anotarse ao xantar, que terá lugar o propio xoves no soto da Praza de Abstos, remata mañá martes día 17 de decembro

Luns, 16 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Benestar convida á cidadanía lucense a participar nas actividades organizadas polo Concello para celebrar, o próximo xoves 19, o Día das Persoas Maiores.

Unha xornada que comezará ás 11:30h da maña no Vello Cárcere con visitas guiadas cun aforo limitado a 140 persoas. De 12:30 a 13:15 horas, o Mago Rafa realizará un espectáculo de maxia na mesma ubicación e como colofón final á xornada de mañá actuará a Coral Xeada.

Despois, ás 14:00h terá lugar o xantar de Nadal no soto da Praza de Abastos, e a partires das 16:00 horas darán comezo as actividades previstas para a xornada de tarde, coas actuacións de grupos musicais diversos, o grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música e o espectáculo de narración oral e humor de Lois Pérez.

Olga Lopez lembra que o prazo de inscrición ao xantar será ata mañá,  martes 17 de decembro, ás 12:00 horas, a través das animadoras/es socioculturais nos diferentes Centros de Convivencia para os residentes en Lugo. E os veciños e veciñas do rural poderán realizar a mesma a través dos pedáneos así como apuntarse ao autobús habilitado polo Concello. Para o resto de actividades, as persoas interesadas teñen de prazo para anotarse ata o mércores, 18.

Noticias relacionadas