A área de Xuventude busca implicar á mocidade nunha iniciativa para embelecer espazos vinculados co ocio xuvenil

O programa colaborativo está aberto á veciñanza de 14 a 35 anos de idade. Inscricións abertas a través das contas info@educohabitar.com e espaciolupaarte@gmail.com.

A actividade, de balde, dará comezo o día 10 de xuño e desenvolverase ao longo dos meses de xuño e xullo.

As sesións terán lugar en xuño, os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e en xullo, os venres e sábados de 11.00 a 14.00 h.

Martes, 06 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Xuventude busca implicar á mocidade nunha iniciativa para embelecer espazos vinculados co ocio xuvenil

O Executivo de Lara Méndez, busca implicar a unha vintena de mozos e mozas nun novo proceso de embelecemento en dous espazos públicos vinculados co ocio xuvenil da cidade.

‘Mural Cidade’ é unha iniciativa impulsada a través da Concellería de Xuventude, acción que se enmarca na estratexia ‘+Xti’, que se desenvolve a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adicións.

“A través deste taller os mozos e mozas ocupan o seu tempo de lecer desenvolvendo a súa creatividade, a súa capacidade de traballo en equipo, ademais de coñecer e desenvolver habilidades artísticas ao tempo que embelecen a nosa cidade” apuntaba a rexedora.

Neste senso, a alcaldesa de Lugo agregou que, “esta iniciativa, é unha continuación programa Proxecta-Cidade, levado a cabo no exercicio pasado no cal, mozos e mozas de Lugo, realizaron intervencións en dous espazos públicos”.

Este novo proxecto conleva o traballo en dous puntos, un deles é a pista deportiva na rúa Roi Xordo e a outra, definirase durante o tempo que dure a actividade, convidando aos participantes a sumarse á elección do espazo.

‘Mural Cidade’ abarca tres fases: en primeiro lugar, as sesións lúdico-formativas, despois comezarán os talleres de experiencias, impartidos por especialistas en diferentes disciplinas e, por último, a fase da execución do proxecto de reforma e mellora dos dous espazos.

O programa colaborativo está aberto á veciñanza de 14 a 35 anos de idade.

A mocidade interesada pode inscribirse dende xa a través das contas info@educohabitar.com e espaciolupaarte@gmail.com. A actividade dará comezo o día 10 de xuño e desenvolverase ao longo dos meses de xuño e xullo. As sesións terán lugar en xuño, os sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e en xullo, os venres e sábados de 11.00 a 14.00 h.

O programa está coordinado pola arquitecta Elena Belgrano (EduCoHabitar), e Iago Eireos, coordinador de Espazo Lupa Arte, dedicado á produción artística e á xestión cultural.

Noticias relacionadas