A área de Recursos Humanos impulsa a disposición de 32.357 euros para dar cobertura a un incremento salarial do 0’25% do persoal municipal

Paula Alvarellos anunciaba que, logo da fiscalización da Intervención e do recoñecemento de crédito axeitado por parte de Tesourería, o pagamento do aumento terá lugar na nómina de outubro

Mércores, 16 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Recursos Humanos propoñía esta mañá á Xunta de Goberno local a autorización e disposición do gasto, así como a orde de pagamento, do incremento salarial do 0’25% acordado, segundo o acordo estatal establecido no Real Decreto-lei 24/2018, de 21 de decembro, no que se aprobaban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

“O artigo terceiro desta normativa, recoñecía, no segundo apartado un aumento global non superior ao 2’25% respecto ás retribucións vixentes a 31 de decembro do pasado exercicio que xa foi aplicado ao total do cadro de persoal municipal con efectos do 1 de xaneiro de 2019. Sen embargo, o texto apuntaba tamén que, no caso de que o Produto Interior Bruto a prezos constantes en 2018 alcanzara ou superase o 2’5% - como así foi – engadiríase, con efectos do 1 de xullo deste ano, outro 0’25% de incremento salarial máis”, explicou Paula Alvarellos.

A responsable de área, indicou que o aumento se cuantifica en 32.356’94 euros sobre o total da partida de persoal prevista para este exercicio e que será abonada aos empregados municipais na nómina do mes de outubro.

Paula Alvarellos refería que a proposta urxente da medida chegaba logo de que o pasado 9 de outubro a área de Tesourería emitira certificación do estado de execución de gastos e se informase da existencia de crédito axeitado e suficiente para dar cabida tanto a ese incremento (25.210’90€) como ao derivado no custo da Seguridade Social (7.146’04€).

Audio

  • A concelleira de Recursos Humanos, sobre o incremento salarial | Descargar mp3

Noticias relacionadas