Rubén Arroxo: ”as veciñas e veciños de Lugo poden utilizar esta zona de paseo de maneira segura”
O proxecto contempla a colocación de bolardos e o pintado dun paso de peóns co enlace da N-VI

A área de Mobilidade e Infraestruturas, dirixida polo Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, habilitou unha ruta peonil segura na Volta da Viña, entre o parque Marcos Cela e o entorno do Miño. Segundo indicou Rubén Arroxo, “trátase dun vial no que só existía beirarrúa dun lado, facendo verdadeiramente perigosa a convivencia de tráfico e peóns do lado do parque”.
O proxecto realizado pola área de Mobilidade para definir o tránsito de peóns contempla a colocación de bolardos e o pintado dun paso de peóns, que se realizará nos vindeiros días, na intersección co enlace da N-VI “para que as veciñas e veciños de Lugo poidan utilizar esta zona zona de paseo de maneira segura”. O Tenente de Alcalde afirmou que “esta actuación abre a posibilidade de retirar o balado do parque Marcos Cela”.
Segundo Rubén Arroxo, “trátase dunha actuación sinxela e necesaria para garantir a seguridade nun traxecto que era moi utilizado pola veciñanza de Lugo”.
Audio
- O edil de Mobilidade e Infraestrutura, Rubén Arroxo, sobre a Volta da Viña | Descargar mp3