A mellora da pavimentación comprende á estrada principal, dende a pista de Argonde, atravesando o lugar de Vilachá pero tamén os camiños que conducen ás vivendas e á igrexa.
Os traballos que remataron hoxe, supuxeron un investimento municipal de 59.362 euros.

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar o firme de varias vías municipais.
En concreto, trátase dos accesos á parroquia de Ribas de Miño, partindo da pista de Argonde e atravesando o lugar de Vilachá, onde a obra alcanzou neste caso, non só á estrada principal senón tamén os camiños que conducen ás vivendas e á Igrexa.
“Unha intervención, na que o Concello investiu 59.362€, e que se realiza para mellorar a seguridade viaria e dar resposta, así, ás peticións que nos fixeron chegar as persoas residentes na zona”, explicou o edil.
Con estas obras o Executivo de Lara Méndez “pretende materializar o compromiso adquirido coa veciñanza da zona rural de ir mellorando progresivamente as infraestruturas municipais, atendendo todas aquelas demandas que nos fan chegar”, sinalou o concelleiro de Medio Rural.
O tenente de alcaldesa explicou, así mesmo, que as tarefas realizadas incluíron a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, “xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixía a súa rehabilitanción”, referiu o edil.
Audio
- O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre o arranxo da estrada de Ribas de Miño | Descargar mp3