Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Medio Rural renova o firme dos accesos á parroquia de Ribas de Miño para incrementar a seguridade viaria na zona

A área de Medio Rural renova o firme dos accesos á parroquia de Ribas de Miño para incrementar a seguridade viaria na zona

A mellora da pavimentación comprende á estrada principal, dende a pista de Argonde, atravesando o lugar de Vilachá pero tamén os camiños que conducen ás vivendas e á igrexa.

Os traballos que remataron hoxe, supuxeron un investimento municipal de 59.362 euros.

  • Tema
    • Accesibilidade,
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Medio ambiente,
    • Tráfico
Venres, 03 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Rural renova o firme dos accesos á parroquia de Ribas de Miño para incrementar a seguridade viaria na zona

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar o firme de varias vías municipais.

En concreto, trátase dos accesos á parroquia de Ribas de Miño, partindo da pista de Argonde e atravesando o lugar de Vilachá, onde a obra alcanzou neste caso, non só á estrada principal senón tamén os camiños que conducen ás vivendas e á Igrexa.

“Unha intervención, na que o Concello investiu 59.362€, e que se realiza para mellorar a seguridade viaria e dar resposta, así, ás peticións que nos fixeron chegar as persoas residentes na zona”, explicou o edil.

Con estas obras o Executivo de Lara Méndez “pretende materializar o compromiso adquirido coa veciñanza da zona rural de ir mellorando progresivamente as infraestruturas municipais, atendendo todas aquelas demandas que nos fan chegar”, sinalou o concelleiro de Medio Rural.

O tenente de alcaldesa explicou, así mesmo, que as tarefas realizadas incluíron a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, “xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixía a súa rehabilitanción”, referiu o edil.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre o arranxo da estrada de Ribas de Miño | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-medio-rural-renova-o-firme-dos-accesos-parroquia-de-ribas-de-mino-para-incrementar

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/030223_miguel_fernandez_-_arranxo_estrada_ribas_de_mino.mp3