Este programa ten o obxectivo de mellorar a calidade de vida e a incorporación á actividade socio-laboral das mulleres xitanas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, entregou este mércores na Fundación Secretariado Xitano os diplomas ás participantes no programa Sara Romí, que busca a motivación e o acompañamento de mulleres xitanas para a súa participación social e laboral.
Este programa está financiado polo Instituto da Muller e para a Igualdade de oportunidades e cofinanciado polo Concello e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a incorporación á actividade socio-laboral das mulleres xitanas, promovendo o seu empoderamento persoal e a súa autonomía mediante un asesoramento permanente.