Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana Abelleira entrega os diplomas ás participantes no programa Sara Romí da Fundación Secretariado Xitano

Ana Abelleira entrega os diplomas ás participantes no programa Sara Romí da Fundación Secretariado Xitano

Este programa ten o obxectivo de mellorar a calidade de vida e a incorporación á actividade socio-laboral das mulleres xitanas

  • Tema
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Inclusión
Mércores, 22 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira entrega os diplomas ás participantes no programa Sara Romí da Fundación Secretariado Xitano

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, entregou este mércores na Fundación Secretariado Xitano os diplomas ás participantes no programa Sara Romí, que busca a motivación e o acompañamento de mulleres xitanas para a súa participación social e  laboral.

Este programa está financiado polo Instituto da Muller e para a Igualdade de oportunidades e cofinanciado polo Concello e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a incorporación á actividade socio-laboral das mulleres xitanas, promovendo o seu empoderamento persoal e a súa autonomía mediante un asesoramento permanente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-abelleira-entrega-os-diplomas-participantes-no-programa-sara-romi-da-fundacion