Ana Abelleira entrega os diplomas dunha nova edición do curso de integración da poboación inmigrante extracomunitaria

Venres, 30 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira entrega os diplomas dunha nova edición do curso de integración da poboación inmigrante extracomunitaria

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, entregou este venres os diplomas do Curso de Integración, acción formativa que puxo en marcha unha vez máis o Concello, dirixida a persoas inmigrantes extracomunitarias. Tivo unha duración de 40 horas e celebrouse no Centro de Convivencia da Milagrosa.

Nesta edición participaron 6 persoas, as cales asistiron á totalidade de horas impartidas.  A finalidade do mesmo é que as persoas asistentes poidan obter un informe positivo de esforzo de integración emitido pola Xunta de Galicia, que poderá ser presentado polas persoas estranxeiras non comunitarias nos supostos de renovación de autorizacións  e será utilizado como información a valorar naqueles supostos donde non se cumpran todos os requisitos esixidos para a renovación. Este curso está cofinanciado pola administración autonómica e polo Fondo Social Europeo.

O Goberno de Lugo, consciente das dificultades coas que se poden atopar as persoas estranxeiras á hora de renovar ás súas autorizacións, decide impartir este tipo de acción formativa coa finalidade de promover a integración deste colectivo na cidade.

Na actualidade e dentro da programación de animación sociocultural, quedan prazas vacantes para a próxima edición do curso de integración. As inscricións deben facerse no Centro de Convivencia da Milagrosa e o curso dará comezo o 4 de decembro e ata o 26 de febreiro, os martes e xoves das 19:00 ás 21:00 horas. Ademais, no Centro de Convivencia de Fingoi estase desenvolvendo o curso para a preparación do exame para a obtención da nacionalidade española, que rematará o 29 da maio, con 45 horas de duración, os luns e mércores das 19:00 ás 20:00horas. Para esta actividade, o Concello aínda admite inscricións que deben facerse nas instalaciósn municipais nas que se imparte dita acción.

Noticias relacionadas