O alcalde pon en valor a integración da comunidade arxentina na vida social e cultural de Lugo na recepción á cónsul do país sudamericano

Miguel Fernández falou con Silvina Montenegro do colectivo de arxentinos que residen na cidade así como do importante labor de adaptación e socialización que desempeñan.

Mércores, 17 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde pon en valor a integración da comunidade arxentina na vida social e cultural de Lugo na recepción á cónsul do país sudamericano

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no Concello a Silvina Montenegro, Cónsul de Arxentina en Vigo, con xurisdicción para Galicia, Asturias, León e Zamora. Na súa primeira reunión oficial, o rexedor municipal, que estivo acompañado polo concelleiro de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, Mauricio Repetto, puxo en valor a integración da comunidade arxentina na vida social e cultural de Lugo, así como o labor de adaptación e socialización que desempeñan colectivos de inmigrantes e retornados de Arxentina e Uruguai, por exemplo a través da asociación de Rioplatenses de Lugo, que o pasado maio celebrou o seu décimo oitavo aniversario.

Miguel Fernández púxose a disposición da cónsul e explicoulle a maior atención que o Goberno Local quere dar á poboación inmigrante, cada vez con máis presencia en Lugo, coa posta en funcionamento da Concellería de Movementos Migratorios, que dirixe Waldir Sinisterra, e co desenvolvemento de iniciativas coas que contribuír a unha maior integración e socialización da comunidade arxentina na cidade lucense.

Noticias relacionadas