Ana Abelleira e Miguel Fernández manteñen un encontro coa veciñanza da Albeiros para estudar as principais nececesidades da zona

Os concelleiros escoitaron as demandas dos veciños e veciñas e informaron da próxima mellora do firme na vía que comunica Camiño do Souto coa Garaballa de Abaixo.

 
Luns, 26 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira e Miguel Fernández manteñen un encontro coa veciñanza da Albeiros para estudar as principais nececesidades da zona

A edil de Cohesión Territorial, Ana Abelleira, e o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, mantiveron un encontro este luns coa veciñanza do barrio de Albeiros para estudar as principais necesidades da zona. Durante o mesmo, ambos membros do Executivo municipal escoitaron as demandas dos veciños e veciñas, co fin de valorar e atender as súas peticións, dentro da política de participación cidadá do Goberno de Paula Alvarellos.

Así mesmo, informaron da actuación que o Concello levará a cabo este mes de setembro, no marco do Plan Único de Cooperación da Deputación de Lugo 2024, para a mellora do firme na vía que comunica Camiño do Souto coa Garaballa de Abaixo.

A intervención, en proceso de licitación e orzamentada en máis de 22.800 euros, permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade dunha das principais vías de comunicación desta zona periurbana. Esta actuación forma parte dun plan integral que o Goberno local impulsa para mellorar o estado das estradas e camiños dos núcleos de poboación, coa finalidade de garantir unha conectividade axeitada e responder ás demandas da veciñanza.

Multimedia

  • Ana Abelleira e Miguel Fernández manteñen un encontro coa veciñanza da Albeiros para estudar as principais nececesidades da zona

Noticias relacionadas