Álvaro Santos afirma que nos pregos do novo contrato de basura si estan incluídas todas as parroquias

“O PP, é capaz de comprometer e danar a imaxe da cidade con tal de ter protagonismo mediático”, incidiu o edil de Medio Ambiente

Alvaro Santos contesta que “efectivamente,  as parroquias non disporan dun punto limpo si non que disporán de dous”

Lembrar que o adxudicatario buscará facilitar a comunicación e información á cidadanía de calquera cuestión relacionada co Servizo que redunde nun mellor funcionamento do mesmo

Luns, 03 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Álvaro Santos afirma que nos pregos do novo contrato de basura si estan incluídas todas as parroquias

O edil Álvaro Santos lamenta que o PP cree unha alarma inxustificada e irresponsable ademáis dun dano as veciños do rural”, explicando ao tempo que “na elaboración do prego de condicións tivéronse en conta, entre outros criterios, o crecemento do municipio e as súas novas esixencias, pero tamén o seu crecemento na vindeira década, así como as características dos distintos barrios e parroquias, os hábitos de consumo da veciñanza e o modelo de cidade sostible”.

“O PP, é capaz de comprometer e danar a imaxe dun sector e da cidade con tal de ter protagonismo mediático”, incidiu o edil de Medio Ambiente, que hoxe afirmaba que nos pregos do
novo contrato de basura si estan incluídas todas as parroquias “para a consecución da mellor limpeza posible situandonos na vangarda e como un referente en limpeza, pero tamén en
parámetros sociais e de sustentabilidade”

En resposta a suposta non recollida de plastico na zona rural o edil quere deixar claro que “increméntanse os recursos dispoñibles para poder levar a cabo esta función co obxetivo de ter mais capacidade para prestar o servizo en todo o Concello de Lugo, xa que ese é o ámbito deste contrato”.

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, afirmaba que as parroquias da zona rural tamén se ven esquecidas neste prego de licitación xa que non se contempla a posta en marcha dun punto limpo móbil, Alvaro Santos contesta que “efectivamente, as parroquias non disporan dun punto limpo si non que disporán de dous, ademais do actual punto limpo fixo situado no Ceao, incorpórase un punto limpo móbil, que funcionará de luns a sábado con 2 equipos específicos, co fin de favorecer a recollida selectiva dos residuos que habitualmente xa se levan ao punto fixo, pero tamén os de orixe doméstica que, ben por ser reciclables, ou ben por estar considerados tóxicos e perigosos, non deben eliminarse co resto de refugallos”.

Lembrar que o adxudicatario buscará facilitar a comunicación e información á cidadanía de calquera cuestión relacionada co Servizo que redunde nun mellor funcionamento do mesmo , polo tanto dende a área de Medio Ambiente queren convidar aos veciños e veciñas de dar uso as diferentes canles: liña verde municipal, teléfono de atención ao cidadán, portal web, etc. O servizo de atención telefónica as cales terán entre outros a finalidade de recibir as queixas e suxestións, xa que “son os verdadeiros usuarios da prestación, e traballaremos para resolvelas no menor prazo de tempo posible” finalizaba o edil.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o contrato de basura | Descargar mp3
  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o contrato de basura (I) | Descargar mp3

Noticias relacionadas