Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña

A rexedora remarcou o papel de “Lugo como unha das cidades pioneiras na aplicación da perspectiva de xénero na planificación urbana, respectando o seu valor patrimonial”.

Alvarellos Fondo avogou por cidades seguras, exemplificando esta idea nas prazas da Milagrosa e Ferrol, o ascensor de Fontiñas ou a futura estación Intermodal.

“A continuidade de todo este traballo está a posicionarnos como unha urbe referente, onde a calidade de vida e a conservación do noso patrimonio sexan os nosos acenos de indetidade”, sinalou.

Martes, 01 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou hoxe, xunto a outras trinta rexedoras de toda España, no II Encontro de Alcaldesas, celebrado na Coruña, onde destacou a decidida aposta do Goberno local por un “urbanismo inclusivo, seguro e sostible” como eido que debe primar a planificación urbanística da cidade. A rexedora lucense foi unha das encargadas de abordar temas como o liderado feminino no proceso de cambio das cidades ou a implantación de políticas equitativas e accesibles na construción das urbes e, neste sentido, destacou que “Lugo é unha das cidades pioneiras na aplicación da perspectiva de xénero na planificación urbanística, respectando ao mesmo tempo o noso valor patrimonial e histórico”.

O evento foi inaugurado, entre outras autoridades, pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey e pola vicepresidenta primeira e ministra de Hacienda, María Jesús Montero, e nesta segunda edición o lema foi "Tomando decisiones para cambiar el mundo". Paula Alvarellos, foi xunto ás rexedoras de Rivas-Vaciamadrid, Reus e San Fernando, todos eles concellos de entre 93.000 e 108.000 habitantes, unha das relatoras da mesa de debate sobre "La ciudad de las mujeres: trabajando desde el espacio urbano para la innovación local". As catro alcaldesas coincidiron á hora de falar de implantación de políticas de xénero para promover a igualdade, a inclusión das mulleres nos postos de liderado e a loita contra a violencia de xénero, ao tempo que se chamou a atención sobre a importancia de traballar para conseguir cidades accesibles, sostibles e seguras.

“O Urbanismo e a nosa capacidade para adaptalo ás necesidades da veciñanza é sen dúbida unha das principais ferramentas da Adminsitración local para mellorar a calidade de vida das e dos lucenses”, explicou Alvarellos. A este respecto, a rexedora falou de varios proxectos de cidade, uns xa executados e outros en construción, nos que, precisamente, se primaron os conceptos de urbanismo de xénero e cidade segura e inclusiva. Así, as prazas da Milagrosa e Ferrol, son exemplo de espacios públicos con iluminación estratéxica para eliminar zonas escuras e sen elementos como escaleiras, rúas estreitas e esquinas difíciles, que poden ser pouco seguras para as mulleres. Ou o ascensor acristalado de Fontiñas, que permite ver todo o seu interior. Outros exemplos desta evolución urbana son a pasarela sobre a N-VI, que ao ter un percorrido circular evita os ángulos mortos, ou o proxecto da futura estación Intermodal, cuxo deseño do paso de cidade evita a sensación de inseguridade típica dos pasadizos para optar por unha rúa ampla, cuberta e moi ben iluminada.

A alcaldesa explicou que “este modelo de cidade non se refire unicamente a proxectos concretos senón que trátase dunha estratexia que se aplica a todas as actuacións que se desenvolven; de feito, o Concello de Lugo xa está a esixir informes de xénero para os proxectos urbanísticos, que debe anexar o promotor da obra. Todos son proxectos nos que prima a contrución de contornas públicas máis amables e confortables co obxectivo de crear cidades funcionais, con vida e dinamismo, o que tamén contribúe a unha maior seguridade”.

Ademais do urbanismo de xénero, a mesa redonda centrouse na importancia do deseño de cidades verdes, accesibles e sostibles. “A continuidade de todo este traballo de planificación e execución, acompasado co necesario desenvolvemento urbanístico, vainos permitir que Lugo continúe a posicionarse como unha cidade referente a nivel europeo no seu rango de poboación, onde a calidade de vida e a conservación do noso patrimonio natural e histórico-artísitco sexan os nosos acenos de indetidade. De seguir por este camiño, o futuro de Lugo como espazo para vivir e convivir está garantido, o que nos permitirá seguir fixando habitantes”, concluíu Alvarellos Fondo.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre o Encontro de Alcaldesas | Descargar mp3

Multimedia

  • Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña
  • Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña
  • Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña
  • Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña
  • Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña
  • Alvarellos destaca o “urbanismo inclusivo, seguro e sostible de Lugo” no II Encontro de Alcaldesas celebrado hoxe na Coruña

Noticias relacionadas