A Alcaldesa reivindica o investimento público en investigación no acto inaugural do III Simposio Nacional de Enxeñería Hortícola

O congreso, que se celebra en Lugo por primeira vez en Galicia, reúne entre hoxe e o venres a un cento de participantes do eido da investigación e a empresa para intercambiar coñecementos

Mércores, 21 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa reivindica o investimento público en investigación no acto inaugural do III Simposio Nacional de Enxeñería Hortícola

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores na Escola Politécnica no acto inaugural do III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñería Hortícola, que reúne na cidade entre hoxe e o venres, a un cento de participantes de España e Portugal, entre poñentes e público, do eido da investigación, empresas e profesionais do ámbito industrial para o intercambio de coñecementos co fin de avanzar na implantación da enxeñería aplicada á agricultura.

A rexedora puxo en valor o obxectivo deste encontro, que se celebra en Lugo por primeira vez en Galicia, subliñando que “a innovación é o motor do desenvolvemento en todos os ámbitos, non só económicos, senón tamén no sanitario. Sen investigación, sen ciencia, non hai futuro, pero é que ademais é rendible: por cada euro que se inviste en investigación, recupéranse 5”. Por iso, Méndez reivindicou “a necesidade de recuperar o investimento público en investigación”, que caeu un 36% en España nos últimos dez anos.

Noticias relacionadas