A Alcaldesa preside a toma de posesión do novo Interventor Xeral, Manuel Vázquez

Luns, 18 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa preside a toma de posesión do novo Interventor Xeral, Manuel Vázquez

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns o acto de toma de posesión do novo Interventor Xeral Municipal, Manuel Vázquez Fernández. No transcurso do acto, no que Vázquez prometeu este cargo, Lara Méndez agradeceulle a súa disposición para asumir esta nova responsabilidade ao tempo que lle desexou moitos éxitos nos seus cometidos e tarefas.

Manuel Vázquez é Licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo CEU. Entre a súa traxectoria profesional consta a de interventor nos concellos de Pontedeume, Sada, Arteixo e Astillero (Cantabria), ademais de ser interventor da empresa mixta de Augas Municipais de Arteixo S.A., da Empresga de Aguas de Ferrol S.A. e da Empresa Municipal de Turismo de Ferrol S.A.. A maiores, na súa experiencia, destaca o posto de subdirector xeral de Xestión Económica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Noticias relacionadas