O Goberno local comeza hoxe ás 20 horas a supervisar o recinto en tempo real, reducindo o tempo de resposta ante posibles incidencias.
A Policía local sinala que as innovacións introducidas no dispositivo de vixilancia acadaron na pasada edición minorar o número de actos delituoso máis habituais nesta contorna, como son os furtos.
“É como ter un policía en cada punto ao mesmo tempo, velando pola seguridade para gozar dunhas festas marcadas pola concordia e a convivencia," afirmou a rexedora.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, supervisou esta mañá o centro de control móbil da Policía Local para o San Froilán antes da entrada en funcionamento hoxe ás 20 horas do dispositivo especial de vixilancia para as festas patronais. O obxectivo desta iniciativa promovida polo Executivo municipal é dotar ao corpo policial dunha ferramenta avanzada que permita supervisar o recinto en tempo real, reducindo o porceso de resposta ante calquera incidencia e facilitando así unha intervención inmediata e precisa. "É como ter un par de ollos en cada punto do recinto, o que multiplica a nosa capacidade de resposta e prevención," afirmou a rexedora.
O centro de control está conectado con cámaras estratexicamente situadas en todo o recinto feiral e nas zonas máis sensibles do centro histórico, especialmente nos días e horas de maior afluencia de público. Ademais, o dispositivo conta coa dotación dun dron policial de alta definición cuxa imaxe a transmitida de forma simultanea ao centro operativo e que vai realizar vos de forma continuada nos momentos de máxima afluencia e durante os eventos que rexistran unha maior concentración de público. “ Podemos controlar unha área de varios quilómetros cadrados sumando todos os dispostivos operativos”, sinalou a rexedora.
Esta monitorización permitirá previr concentracións masivas e ofrecer unha vixilancia máis efectiva. "O noso obxectivo é velar pola seguridade de todas e todos os cidadáns, para que poidamos gozar dunhas festas marcadas pola concordia e a convivencia," destacou Alvarellos. De feito, que as innovacións introducidas no dispositivo de vixilancia acadaron na pasada edición minorar o número de actos delituosos máis habituais nesta contorna, como son os furtos.
“Este ano contamos con nova tecnoloxía que permite situarnos graficamenete a un metro de calquera posible delito que poida cometerse no feiral”, indicou o responsable do dispositivo. O novo centro de control móbil está situado na Praza Horta do Seminario. A gravación de todas as imaxes rexistradas polas cámaras e a súa conservación realizarase cumprindo co disposto na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.



