A alcaldesa participa no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana

A Corporación local secundou a convocatoria da FEMP, en apoio ás familias das vítimas, pola pronta localización de desaparecidos e polo resto de damnificados en Valencia, Andalucía e Albacete.

Mércores, 30 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa participa no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana, que está a castigar  especialmente a Valencia, Andalucía e Albacete. Paula Alvarellos xunto a outros concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal secundou ás portas da Casa Consistorial a convocatoria de urxencia da Federación Española de Municipios e Provincias, en apoio das familias e amigos das persoas falecidas, pola pronta localización das e dos desaparecidos, e en consideración a cantos perderon os seus fogares polas fortes choivas e o temporal.

Noticias relacionadas