Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa participa no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana

A alcaldesa participa no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana

A Corporación local secundou a convocatoria da FEMP, en apoio ás familias das vítimas, pola pronta localización de desaparecidos e polo resto de damnificados en Valencia, Andalucía e Albacete.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Mércores, 30 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa participa no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá no minuto de silencio en memoria das persoas falecidas e afectadas polo temporal provocado pola Dana, que está a castigar  especialmente a Valencia, Andalucía e Albacete. Paula Alvarellos xunto a outros concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal secundou ás portas da Casa Consistorial a convocatoria de urxencia da Federación Española de Municipios e Provincias, en apoio das familias e amigos das persoas falecidas, pola pronta localización das e dos desaparecidos, e en consideración a cantos perderon os seus fogares polas fortes choivas e o temporal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-participa-no-minuto-de-silencio-en-memoria-das-persoas-falecidas-e-afectadas-polo