A Alcaldesa continúa as conversas para desbloquear o auditorio: queda emprazada a Consellería á sinatura dun convenio

Méndez mantivo unha terceira xuntanza con Mato na que precisaron os pasos a seguir, que pasan pola redacción dun borrador de convenio onde a Xunta plasme a aceptación da exoneración do IBI aso centros propostos pola rexedora

Venres, 02 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa continúa as conversas para desbloquear o auditorio: queda emprazada a Consellería á sinatura dun convenio

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, continúa as conversas para desbloquear o auditorio, quedando emprazada este venres a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio á sinatura dun convenio de colaboración entre a entidade local e a autonómica para dotar a esta infraestrutura cultural dos elementos e equipos necesarios para convertelo nun espazo de referencia na vida diaria cultural de Lugo.

Así o concretaron nunha terceira xuntanza de traballo a rexedora e a Conselleira, Beatriz Mato, na que precisaron os pasos a seguir, que pasan pola redacción dun borrador de convenio onde a Xunta plasme a súa aceptación á exoneración do Imposto sobre os Bens e Inmobles a favor do HULA e catro centros de titularidade pública autonómica por 6 anos, ata os 3,6 millóns de euros que custa equipar o auditorio, proposta pola rexedora no pasado mes de marzo.

A obra deste auditorio viña incluída nun convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e o Concello, asinado o 4 de agosto de 2004 e un protocolo asinado en febreiro de 2008. Nos compromisos asumidos polas partes tanto nese convenio como no protocolo, encóntranse, por parte da Xunta, tanto a construción como os elementos accesorios ou complementarios, onde se encadraría o mencionado equipamento escénico.

Noticias relacionadas