Abren ao tráfico os novos viais das primeiras fases do Plan Paradai

Xoves, 26 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá venres 27 de febreiro, a partir das 11:30 horas, abrirán ao tráfico as tres primeiras fases das obras de urbanización do Plan Paradai que entroncan a avenida Duquesa de Lugo coa rúa Río Narla nas inmediacións da Ponte Romai, dende a rúa Alta ata a Ponte Paradai, e da avenida Duquesa de Lugo que vai dende Ponte Romai ata Ponte Paradai. Todas estas actuacións suman un investimento total de 6,4 millóns de euros.

Coa apertura destos novos viais produciranse unha serie de modificacións no tráfico:

- Río Sil no seu tramo entre a rúa Río Eo e a rúa Conde quedará en dous carrís en sentido de saída.

- A rúa Conde entre Río Sil e Rio Eo queda con dous carrís de subida e dous carrís de aparcamento en liña.

- Ponte Paradai quedará nunha soa dirección de subida dende Serra de Neira cara Duquesa de Lugo.

- Os vehículos que accedan pola rúa Río Sil dende Alexandre Bóveda en dirección de entrada terán sentido de xiro obrigatorio cara a rúa Conde.

O Plan Paradai constitúe un exemplo do traballo realizado polo Goberno galego en Lugo. Trátase dun conxunto de actuacións que teñen un orzamento total de 15 millóns de euros, comprometidas co Concello de Lugo desde o comezo da pasada lexislatura.

Nese senso, a última fase do Plan permitirá construír unha nova ponte, a Ponte Paradai e incluíndo toda esa área que une As Gándaras, Paradai, co resto dos barrios de referencia o novo espazo urbano para a cidade. As obras desta última fase comezarán previsiblemente no segundo semestre deste ano 2009.

Multimedia

Noticias relacionadas