O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días hábiles, a partir do 9 de xullo, día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP)
A contía destinada a atender esta convocatoria anual de subvencións ascende, para este exercicio 2020, a un importe total de 80.000,00€
Subvencionarase, ata un máximo do 70 %, do importe total do proxecto presentado. O importe máxima de subvención, por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 2.500,00 euros

O executivo de Lara Méndez, a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego, destinará 240.000 euros a asociacións lucenses sen ánimo de lucro para financiar en un plan plurianual de tres anos (2020-2022) proxectos e actividades que contribúan a dinamizar a economía local.
“As bases, xa publicadas en www.concellodelugo.gal teñen por obxecto a concesión de subvencións, por parte do Concello de Lugo, a entidades do territorio (asociacións e entidades sen ánimo de lucro) para cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades, desenvolvidas durante o exercicio económico 2020, que dinamicen a economía local, no Municipio de Lugo” destacou a rexedora.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días hábiles, a partir do 9 de xullo, día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións as asociacións sen animo de lucro, legalmente constituídas e así mesmo inscritas nos rexistros correspondentes, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización actividades de fomento, promoción económica, comercio, formación empresarial e para o emprego, comercial, empresarial, hostalería e/ou creación de emprego a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo e a creación de emprego, autoemprego e creación de empresas do Municipio de Lugo, e que cumpran os seguintes requisitos da Base
A contía destinada a atender esta convocatoria anual de subvencións ascende, para este exercicio 2020, a un importe total de 80.000,00€, do vixente orzamento municipal, con cargo á aplicación orzamentaria da área de Desenvolvemento Local e Emprego.
Esta convocatoria ten unha programación plurianual, para os anos 2020-2022, destinando para cada exercicio as seguintes contías:
- Exercicio 2020: 80.000,00.- €
- Exercicio 2021: 80.000,00.- €
- Exercicio 2022: 80.000,00.- €
Subvencionarase, ata un máximo do 70 %, do importe total do proxecto presentado. O importe máxima de subvención, por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 2.500,00 euros.
O modelo de solicitude normalizado para a obtención das subvencións reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na web municipal www.concellodelugo.gal.
As solicitudes, que deberán dirixirse ao Servizo de Desenvolvemento Local, presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo accesible a través do enlace https://www.lugo.gal, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede, ou polo Sistema de intercambio rexistral dispoñible a través do enlace https://rec.redsara.es/registro/, indicando no campo “Solicita” o texto “Axudas Entidades do territorio. Servizo de Desenvolvemento local” e xuntando o modelo normalizado sinalado no parágrafo anterior.