7 nenos e nenas saharauis de vacacións en paz en Lugo, unha acollida solidaria que se mantén viva ao longo dos anos

Miguel Fernández e Ana Abelleira déronlle a benvida aos cativos e cativas que se achegan á cidade grazas ao proxecto Vacacions en Paz. O Concello contribúe con esta iniciativa con unha achega económica de 7.000 euros

Venres, 14 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
7 nenos e nenas saharuis de vacións en paz en Lugo, unha acollida solidaria que se mantén viva ao longo dos anos

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, recibiron este venres, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, aos nenos e nenas dos campos de refuxiados de Tinduf, que estarán de vacacións en Lugo ata setembro, unha acollida solidaria que se mantén viva ao longo dos anos. O Concello colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharuai cunha achega económica de 7.000 euros para levar a cabo o programa Vacacións en Paz, que neste 2017 permite que un total de 326 cativos e cativas pasen o verán en Galicia, 7 na cidade de Lugo, 2 nenas e 5 nenos, o que lles proporciona aos máis pequenos gozar dunha boa alimentación e asistencia médica, ao tempo que evitan as altas temperaturas que soportan nos campamentos, máis de 50 grados.

No acto, ao que tamén asistiu a Delegada en Lugo deste colectivo, Manuela Pacín, González Abelleira deulles a benvida aos cativos e as súas familias de acollida, ao tempo que recoñeceu o esforzo que realiza ano tras ano tanto a asociación como ás familias, para continúar con este programa que se leva a cabo en Galicia dende hai un cuarto de século a pesar de ser un proxecto difícil de custear. Do mesmo xeito, anunciou que o Concello de Lugo continuará colaborando e poñendo o grao de area con esta causa. Ao remate do acto, Fernández e Abelleira entregáronlles uns pequenos agasallos aos cativos como mostra de cariño.

Multimedia

  • 7 nenos e nenas saharuis de vacións en paz en Lugo, unha acollida solidaria que se mantén viva ao longo dos anos
  • 7 nenos e nenas saharuis de vacións en paz en Lugo, unha acollida solidaria que se mantén viva ao longo dos anos

Noticias relacionadas