400 deportistas participarán no XX Gran Premio Ciclista San Froilán

Venres, 24 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
400 deportistas participarán no XX Gran Premio Ciclista San Froilán

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, anunciaba esta mañá a participación de 400 deportistas de 35 clubes de toda Galicia, no Gran Premio Ciclista San Froilán o cal terá lugar a partir das 17:00 horas deste sábado, 25 de setembro, na Avenida de Ramón Ferreiro.

O pistoletazo de saída terá lugar ás 16.30h, onde alevíns Masculino e Feminino darán cinco voltas ao circuíto (8 km). Ás 17.00h dará comezo a segunda Manga e competirán os infantís masculino e feminino, que darán 10 voltas ao circuíto percorrendo 16 km en total. Seguidamente, ás 17.45h competirán os cadetes masculino e feminino que realizarán 15 voltas cunha distancia de 24 km e xa para finalizar, ás 18.15h competiran os junior e Sub21 que percorreran 40 km ou o que é o mesmo, darán 25 voltas ao circuíto.

Plan de tráfico:

Os cortes de tráfico con motivo da celebración da proba deportiva, no polígono de Sanfiz SUR-K, no horario de 15:30 h a 20:00 h serán:

  • Veterinario Rof Codina desde o cruce con Rúa das Artes en dirección San Fiz
  • Montirón desde o cruce con Rúa das Artes en dirección San Fiz
  • Paseo dos Estudiantes desde o cruce con Rúa das Artes en dirección San Fiz
  • Salvador Velayos e rúa San Fiz
  • Fonte da Bica na súa totalidade

Como accesos alternativos ao barrio de San Fiz,para o tráfico rodado no citado horario teremos  dúas posibilidades:

  • Pola rúa Virxe da Esperanza, pista cara o río Rato e desvío a San Fiz
  • Pola avda. de Madrid, na rotonda Víctimas de Terrorismo desvío pola  pista Camiño do Barreiro

Noticias relacionadas