O alcalde supervisa a finalización das obras de reparación do colector de saneamento da Rúa Catón

A intervención permitiu resolver a incidencia detectada nesta infraestrutura básica da rede municipal e reparar tamén os danos rexistrados na calzada.

“Con esta actuación garantimos o correcto funcionamento do sistema de saneamento neste punto da cidade e melloramos tamén a seguridade da vía”, sinalou Miguel Fernández.

Luns, 16 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde supervisa a finalización das obras de reparación do colector de saneamento da Rúa Catón

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, desprazouse á Rúa Catón para supervisar a finalización dos traballos de reparación do colector de saneamento situado nesta vía, unha actuación que permitiu resolver a incidencia detectada neste punto da rede municipal e actuar tamén sobre os danos que a avaría provocara no firme da calzada.

“Falamos dunha infraestrutura esencial para o funcionamento diario da cidade e, cando aparece unha incidencia deste tipo, é fundamental actuar con rapidez e con rigor técnico para garantir o correcto funcionamento do sistema”, explicou o rexedor, quen subliñou que esta intervención forma parte do traballo continuo do Goberno local para manter en bo estado as redes e servizos básicos municipais.

Os traballos puideron executarse unha vez que o descenso do caudal do Río Rato permitiu acceder con seguridade ao punto da incidencia, resolvendo así unha actuación necesaria para garantir o correcto funcionamento da rede de saneamento neste ámbito da cidade e mellorar as condicións da propia vía.

Multimedia

  • O alcalde supervisa a finalización das obras de reparación do colector de saneamento da Rúa Catón

Noticias relacionadas