A Área de Transición Ecolóxica pechará esta tarde os parques da cidade ante o aviso de alerta amarela, coa chegada de ventos superiores aos 80 km/h

Mércores, 25 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que a partir desta tarde a Área de Transición Ecolóxica, que dirixe Miguel Fernández, está a realizar o peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos do suroeste que poden deixar refachos de ata 80 km por hora e que afectarán a toda Galicia.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Noticias relacionadas