- Tema

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que a Xunta de Goberno aprobará mañá a oferta dos postos que se deron de baixa nos últimos tempos no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. Un total de 13 postos en ambas prazas, ademais de 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns.
Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas”.