Rubén Arroxo e Cristina López reciben na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do Colexio Casás que visitaron a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

Martes, 20 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López reciben na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do Colexio Casás que visitaron a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsábel da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Casás. Este grupo deu comezo á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0.

“Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López, que engadiu  "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

Audio

  • A concelleira de Participación, Cristina López, sobre a visita infantil á Praza de Abastos | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Cristina López reciben na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do Colexio Casás que visitaron a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

Noticias relacionadas