Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Cristina López reciben na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do Colexio Casás que visitaron a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

Rubén Arroxo e Cristina López reciben na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do Colexio Casás que visitaron a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

  • Tema
    • Benestar social,
    • Economía,
    • Educación,
    • Educación pública,
    • Formación,
    • Mercados
Martes, 20 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López reciben na Praza de Abastos a un grupo de estudantes do Colexio Casás que visitaron a Praza de Abastos e o Mercado Municipal

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira responsábel da área de Participación, Cristina López recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Casás. Este grupo deu comezo á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0.

“Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López, que engadiu  "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

Audio

  • A concelleira de Participación, Cristina López, sobre a visita infantil á Praza de Abastos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-cristina-lopez-reciben-na-praza-de-abastos-un-grupo-de-estudantes-do-colexio

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240220_cristina_lopez_visita_infantil_praza.mp3