O mercado Nadalmente Lucense pecha a súa programación coa visita do emisario real e propostas para toda a familia

Xogos tradicionais, obradoiros de manualidades, exhibicións musicais e encontros con personaxes infantís serán protagonistas desta última fin de semana.

O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

Xoves, 02 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O mercado Nadalmente Lucense pecha a súa programación coa visita do emisario real e propostas para toda a familia

O mercado Nadalmente Lucense chega á súa recta final con actividades pensadas para que pequenos e maiores desfruten dun Nadal cheo de maxia e ilusión. O emisario real estará presente durante esta última fin de semana de programación, recollendo as cartas dos nenos e nenas para os Reis Magos e compartindo momentos únicos con eles.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, destacou o valor desta inciativa: “Con esta programación de peche queremos que as familias de Lugo vivan momentos especiais durante o Nadal, ao tempo que apoiamos o comercio local, tan importante para a economía da cidade”.

Un nadal máxico na Praza Maior

O mercado Nadalmente Lucense, situado na Praza Maior, permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas, ofrecendo un espazo decorado con encanto e actividades para todos os públicos.

A programación de actividades para os vindeiros días será a seguinte:

Venres 3

  • De 11:00 a 14:30h: Visita do emisario real
    • De 11:00 a 13:00h: Xogos tradicionais
    • De 13:00 a 14:30h: Xogo “A caixa máxica”
  • De 16:30 a 21:00h: Visita do emisario real
    • De 18:00 a 19:00h: Visita e xogos navideños con Mickey e Minnie (Guachilandia)
    • De 18:00h: Exhibición de Ritmo Lugo
    • De 20:00 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”

Sábado 4

  • De 11:00 a 14:30h: Visita do emisario real
    • De 11:30 a 13:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
    • De 13:00 a 14:30h: Xogos tradicionais
  • De 16:30 a 21:00h: Visita do emisario real
    • De 17:30 a 19:00h: Exhibición da Fábrica de Sons, Escola de Música
    • De 19:00 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”

Domingo 5

  • De 11:00 a 14:30h: Visita do emisario real
    • De 11:00 a 13:00h: Obradoiro de manualidades de Nadal
    • De 13:30 a 14:30h: Xogos tradicionais
 

Noticias relacionadas