O mercado Nadalmente Lucense pecha a súa programación coa visita do emisario real e propostas para toda a familia
Xogos tradicionais, obradoiros de manualidades, exhibicións musicais e encontros con personaxes infantís serán protagonistas desta última fin de semana.
O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Mercados

O mercado Nadalmente Lucense chega á súa recta final con actividades pensadas para que pequenos e maiores desfruten dun Nadal cheo de maxia e ilusión. O emisario real estará presente durante esta última fin de semana de programación, recollendo as cartas dos nenos e nenas para os Reis Magos e compartindo momentos únicos con eles.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, destacou o valor desta inciativa: “Con esta programación de peche queremos que as familias de Lugo vivan momentos especiais durante o Nadal, ao tempo que apoiamos o comercio local, tan importante para a economía da cidade”.
Un nadal máxico na Praza Maior
O mercado Nadalmente Lucense, situado na Praza Maior, permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas, ofrecendo un espazo decorado con encanto e actividades para todos os públicos.
A programación de actividades para os vindeiros días será a seguinte:
Venres 3
- De 11:00 a 14:30h: Visita do emisario real
- De 11:00 a 13:00h: Xogos tradicionais
- De 13:00 a 14:30h: Xogo “A caixa máxica”
- De 16:30 a 21:00h: Visita do emisario real
- De 18:00 a 19:00h: Visita e xogos navideños con Mickey e Minnie (Guachilandia)
- De 18:00h: Exhibición de Ritmo Lugo
- De 20:00 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
Sábado 4
- De 11:00 a 14:30h: Visita do emisario real
- De 11:30 a 13:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
- De 13:00 a 14:30h: Xogos tradicionais
- De 16:30 a 21:00h: Visita do emisario real
- De 17:30 a 19:00h: Exhibición da Fábrica de Sons, Escola de Música
- De 19:00 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
Domingo 5
- De 11:00 a 14:30h: Visita do emisario real
- De 11:00 a 13:00h: Obradoiro de manualidades de Nadal
- De 13:30 a 14:30h: Xogos tradicionais
