Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

Xoves, 14 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Sagrado Corazón de Lugo. Este grupo deu continuidade á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á Praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0.

“Continuamos a traballar para dinamizar a Praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López, que engadiu  "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por eles para realizar as súas compras e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación". Adxúntanse fotos.

Audio

  • A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, sobre a visita escolar a Praza | Descargar mp3

Multimedia

  • Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación
  • Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

Noticias relacionadas