Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Mercados
Xoves, 14 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López recibe a un grupo de estudantes do Sagrado Corazón que visitou a Praza para coñecer a importancia dunha boa alimentación

A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Sagrado Corazón de Lugo. Este grupo deu continuidade á actividade que a área de Participación vén de poñer en marcha co obxectivo de que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os productos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á Praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0.

“Continuamos a traballar para dinamizar a Praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López, que engadiu  "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que as veciñas e veciños aposten por eles para realizar as súas compras e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación". Adxúntanse fotos.

Audio

  • A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, sobre a visita escolar a Praza | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-recibe-un-grupo-de-estudantes-do-sagrado-corazon-que-visitou-praza-para-conecer

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240314_cristina_lopez_visita_escolar_praza.mp3