Comeza a quinta edición da campaña “O noso Mercado é un agasallo” posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía para potenciar as compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Na primeira xornada de promoción, centos de persoas se achegaron ao posto habilitado acreditando compras de máis de 40 euros.

As distintas promocións celebraranse nas mañás dos sábados ata o 30 de decembro.

Sábado, 18 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a quinta edición da campaña “O noso Mercado é un agasallo” posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía para potenciar as compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, estivo presente na praza de Abastos durante a primeira xornada da campaña “O noso mercado é un agasallo”, que ten como obxectivo incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.

A edil de Participación destacou o éxito desta campaña ano tras ano. “Centos de persoas se achegaron ao posto habilitado na Praza acreditando compras de máis de 40 euros nos postos da Praza e do Mercado, garantindo desde o Goberno de Lugo que os distintos postos realizaron importantes ventas na xornada de hoxe”.

A campaña celebrarase durante o 2023 todos os sábados en horario de mañá. A área de Participación habilitará un posto durante os días de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos que se entreguen ese día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida ou material promocional da Praza e do Mercado.

Multimedia

  • Comeza a quinta edición da campaña “O noso Mercado é un agasallo” posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía para potenciar as compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Noticias relacionadas