O negocio de Alba García González ocupará os postos número 18 e 19 desta instalación.
Cristina López, concelleira de Participación, desexoulle "moita sorte nesta nova etapa" e afirmou que "seguimos a traballar para que tanto a Praza como o Mercado conten con todos os postos ocupados e con actividades diversas".

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou o Mercado Municipal onde vén de instalarse a profesional da hostalería Alba García González, que ocupará os postos 18 e 19 do Mercado co seu negocio adicado á venta de polbo. A concelleira deu a benvida á nova profesional "que se une a un importante número de profesionais de distintos ámbitos relacionados coa alimentación que prestan servizo nestas dúas instalacións históricas". López afirmou que "seguimos traballando para ver todos os postos da Praza e do Mercado con actividade".
O goberno de Lugo realiza, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, "diversas actividades para promocionar estes espazos e os distintos postos que forman parte da súa oferta". Cristina López destacou o traballo realizado durante este mandato de cara a dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. "Hoxe podemos ver estes espazos cheos de vida, ocupados por novas xeracións de vendedoras e vendedores que continúan a achegar productos de calidade a estas dúas instalacións históricas que contan cun emprazamento totalmente renovado", afirmou a edil de participación.
López lembrou que, entre outras actividades de promoción da Praza e do Mercado, "os obradoiros infantís das mañás dos sábados contan cada semana cun importante número de nenas e nenos", e destacou que "esta actividade facilita que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal".


